Thursday 16 de May de 2024

O Concello de Ordes encabeza o medalleiro da I Liga de Atletismo da Mancomunidade


Tras a segunda xornada disputada esta fin de semana conta con 33 ouros, 31 pratas e 26 bronces, seguido de Cerceda, Trazo e Frades

Tras a segunda xornada celebrada esta fin de semana o Concello de Ordes continúa encabezando o medalleiro da I Liga de Atletismo organizada pola Mancomunidade de Ordes. En total ten no seu haber 33 ouros, 31 pratas e 26 bronces. As pistas da cidade deportiva de Vista Alegre volveron a ser punto de encontro non só para os atletas e deportistas dos concellos da comarca, senón tamén para afeccionados, seguidores e amigos. Unha xornada na que se disputaron as probas de saltos, lanzamentos, e carreiras de valados. O segundo municipio clasificado é o de Cerceda con 13 ouros, 7 pratas e 9 bronces; seguido de Trazo con 12 medallas de ouro, 9 de prata e 5 de bronce; cerrando a táboa frades con 8 ouros, 7 pratas e 2 bronces.

O vindeiro sábado a partir das 17 horas terá lugar a terceira e última xornada de competición, no que se disputarán as probas de cross de resistencia.